Tuesday 23 de April de 2024

Actuación deste sábado en Laxe


Este sábado 18 de decembro poderase gozar en Laxe con “Os Golfiños e o Xigante” un evento para toda a familia de espectáculos de sombras chinescas que terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos Culturais.

Os Golfiños e o Xigante está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo neste 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional. O xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa.